domingo, 25 de enero de 2009

Crónica

Era a nosa primeira ruta como asociación e queriamos que todo sairá ben.
Saímos dende a cas da cultura 23 camiñantes ata O Pozo das Moscas, o tempo era bo e a ruta non tiña dificultade.
Pasamos por Tras dos Ríos e xa chegamos ata o primeiro pozo,seguimos andando pasámola ponte e encamiñámonos ata O Pozo da Onza o chegar alí a xente o principio asustouse un pouco porque a entrada estaba cerrada con arbores sobre o río e non sabían por onde pasar ata que viron un aceso feito por esta asociación para chegar ata o pozo .
O chegar alí fixémonos unha foto,paramos un pouco para coller forzas e volvemos a Ferreira.
Como aínda era cedo cando chegamos a nosa vicepresidenta tivo a boa idea de ir andando ata Casa Pereiras en Alfoz que era onde tiñamos concertado o xantar alí. Disfrutamos del e logo fómonos cada un a súa casa.

Ángel Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario